Peregrinos Lua Fisterra
SKU: REF/PA014
A natureza segue o seu ciclo interminable. O día que se apaga e a noite que comeza o seu curso en Fisterra. Os Peregrinos do Camiño de Santiago observan tranquilos outra posta de sol nun dos máis magníficos faros de Galicia. Unha costa que nos regala as últimas cores do día saínte por unha banda, e polo outro o fermoso reflexo da lúa que se vai pousando lentamente no máis alto do ceo e sobre o mar en calma. Esta é unha das miñas composicións fotográficas favoritas. Retrata un grupo de peregrinos que contemplan a saída da lúa polo Sueste, mentres que ao noroeste o sol ponse tranquilamente. Outro día termina no confín do Fin do mundo.
Pedidos
1. Selecciona o tamaño desexado.
2. Revisa os detalles dos soportes >> VER SOPORTES
3. Selecciona o soporte que máis che guste.
4. Selecciona a cantidade.
5. Engadir ao carriño.
Transporte
Revisa os detalles de transporte e impostos >> VER TRANSPORTE
Peso | N/D |
---|---|
Tamaños 3:1 | 30×90, 40×120, 50×150 |
Soportes | Lámina, Lenzo, Madeira, Metacrilato |