“A fotografía gústame pola súa maxia, gozo na abstracción do momento creativo para conseguir esa imaxe soñada, e gozo cando esas imaxes proporcionan a quen as ve momentos de inspiración”
Levo anos facendo fotografía, e o tempo pasa rápido… pero teño que dicir que grazas á fotografía conseguín detelo e eternizalo, o cal me permite agora poder lembrar todos eses bos momentos, e poder compartilos.
Co proxecto de tenda www.imaxesdaterra.com , busco ofrecer todas as fotografías que me inspiran de Galicia, dunha forma fácil, ofrecéndoas xa impresas en diferentes soportes, e a prezos alcanzables. O que busco é poñer en valor moitos lugares emblemáticos de Galicia, e dar a coñecer outros descoñecidos, ofrecendo o meu persoal punto de vista, e xogando coa fotografía creativa, na xeometría da arquitectura e nas formas da natureza. Gozo coas composicións creativas que ofrecen outra forma de ver a realidade, e que obrigan ao espectador para pensar. As fotografías abarcan diferentes temas: AraSolis, son fotos nas que o Sol é o protagonista. ArteUrbano, imaxes de cidades e arquitectura. B& N& S, acrónimo de branco, negro e sepia. Faros, imaxes dos faros de Galicia. Festas, selección de fotos panorámicas feitas para o libro ” Festas de Galicia”. Mar, o noso impresionante mar oceánico e as Rías sempre cheas de sorpresas. Megalitos, outro tema que me encanta, e que penso que necesita valorarse máis, e dalo a coñecer. Natureza, Galicia é verde e é mar por todas partes. Ao final, busco imaxes que me digan algo, e espero que a ti tamén che seduzan, e gústenche para decorar a túa casa, oficina, ou para facer un agasallo.
Por contarvos algo máis da miña profesión, direivos que comecei no mundo da fotografía coa realización de reportaxes nos sectores de: arquitectura, turismo, industria e publicidade, e co tempo fun especializando na fotografía enfocada contidos multimedia e VR para internet. Podes ver unha mostra das reportaxes que realizo na miña web de estudo: www.fotopanorama.com
A faceta máis artística funa almacenando co paso do tempo, e as fotos que máis me motivaban, as que contiñan as emocións máis persoais, as facia e gardábaas como quen garda o recordo de algo importante. Fai xa uns 10 anos, publique un libro de panorámicas de Galicia, que se vendeu moi ben, e isto supuxo un primeiro achegamento á creación artística. Despois deste primeiro contacto coa parte máis creativa, continuei con exposicións, e tamén con outro libro de “ Festas de Galicia”. Todo isto foi emocionante, ao comprobar que á xente gustábanlle as miñas fotografías. Ao final, sucede esa conexión inexplicable que une ás persoas, e que é o motor que me motiva a seguir creando.
Agora con este proxecto de “ Imaxes da Terra” ensino e ofrezo todas estas fotografías en gran formato, que considero representativas e apropiadas para representar a miña terra galega.