Aviso legal

DATOS IDENTIFICATIVOS

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos 
da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, Ricardo Cambón (en 
adiante, a marca IMAXESdaTERRA) infórmalle de que os seus datos 
identificativos son os seguintes:

Denominación social: Ricardo Cambón
NIF: 52433362D
Domicilio social: Rúa Berlín, 2F, CP 15707, Santiago de Compostela 
(A Coruña)
Teléfono: +34 981 101 874
Correo electrónico a efectos de comunicación: pedidos[arroba]imaxesdaterra.com

Todas as notificacións e comunicacións entre os usuarios e IMAXESdaTERRA 
consideraranse eficaces, a todos os efectos, cando se realicen a través 
de correo postal ou calquera outro medio dos detallados anteriormente.

CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN

O presente aviso legal regula o uso do sitio web (en adiante, A WEB), do 
que é titular IMAXESdaTERRA.

A navegación pola web de IMAXESdaTERRA atribúe a condición de usuario 
do mesmo e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada 
unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir 
modificacións.

O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto, non 
obstante, IMAXESdaTERRA condiciona a utilización dalgúns dos servizos 
ofrecidos na súa web á previa cumprimentación do correspondente 
formulario.

Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, 
imaxes, iconas, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos 
fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence a IMAXESdaTERRA, 
sen que poidan entenderse cedidos ao usuario ningún dos dereitos de 
explotación sobre os mesmos máis alá do estritamente necesario para o 
correcto uso da web.

O usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos 
que comunique a IMAXESdaTERRA e será o único responsable das 
manifestacións falsas ou inexactas que realice.

O usuario obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade 
coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente 
Aviso Legal. O usuario responderá fronte a IMAXESdaTERRA ou fronte a 
terceiros, de calquera dano e prexuízo que puidesen causarse como 
consecuencia do incumprimento da devandita obrigación.

POLÍTICA DE LIGAZÓNS E EXENCIÓNS DE RESPONSABILIDADES

IMAXESdaTERRA non se fai responsable do contido das páxinas web ás que 
o usuario poida acceder a través das ligazóns establecidas no seu 
website e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercer 
ningún tipo de control sobre o contido doutras páxinas da rede. Así 
mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, 
veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás 
que se poida acceder por medio das ligazóns.

IMAXESdaTERRA declara ter adoptado todas as medidas necesarias para 
evitar calquera dano que, aos usuarios do seu website, puidesen 
derivarse da navegación pola súa páxina web. En consecuencia, 
IMAXESdaTERRA non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais 
danos que pola navegación por Internet puidese sufrir o usuario.

USO DE COOKIES E DATOS ESTATÍSTICOS

Esta páxina web pode recoller datos persoais dos seus visitantes por 
medio do uso de cookies. Consultar a Política de Cookies no seu caso.

O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que 
se lle informe da recepción de cookies, podendo, se así o desexa, 
impedir que sexan instaladas no seu disco duro. Non obstante, para o 
acceso ao website de IMAXESdaTERRA non será preceptiva a instalación de 
cookies.

PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do 
Consello, do 27 de abril de 2016 (RGPD), e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 
de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos 
dixitais (LOPDGDD), infórmaselle do seguinte:

Responsable do tratamento: Ricardo Cambón, con domicilio en Rúa Berlín, 
2F, 15707 Santiago de Compostela, e NIF 52433362D.

Finalidade: xestionar a relación comercial, tramitar os pedidos 
realizados a través da web e, no seu caso, remitir comunicacións 
comerciais sobre produtos e servizos propios.

Lexitimación: execución dun contrato (pedidos) e consentimento do 
usuario (comunicacións comerciais e formularios de contacto).

Destinatarios: non se cederán datos a terceiros, salvo obriga legal ou 
aos encargados de tratamento necesarios para a prestación do servizo 
(pasarela de pagamento e empresa de transporte encargada do envío).

Conservación: os datos conservaranse mentres se manteña a relación 
comercial e, posteriormente, durante os prazos legalmente esixidos 
(fiscais e mercantís).

Dereitos: pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, 
supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade 
dirixíndose por escrito a IMAXESdaTERRA, na dirección de correo 
electrónico pedidos [arroba] imaxesdaterra . com, identificándose 
debidamente. Así mesmo, ten dereito a presentar unha reclamación ante a 
Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es) se considera que 
o tratamento non se axusta á normativa vixente.

O envío de comunicacións comerciais por correo electrónico ou postal 
realizarase unicamente cando o usuario preste o seu consentimento 
expreso para iso, marcando a correspondente casiña no formulario, 
podendo revogalo en calquera momento.