Ara Solis Mar de Fisterra
SKU: REF/AS010
O sol ponse sobre o Mar de Fisterra. O astro deixa ver a súa figura coándose entre as nubes, que con fermosas formacións pintadas polos seus raios, ofrécennos un espectáculo de cores que nos enche a alma e fainos querer viaxar a este paradisiaco lugar a ver en primeira persoa a magnífica posta de sol galega.
Outra máxica posta de sol en Galicia, todas elas son espectáculos únicos e exclusivos que hai que ver antes de morrer. Esta imaxe reflicte a paz e a calma que inspira o atardecer en Galicia, especificamente fronte ao Mar de Fisterra, un lugar máxico visitado por peregrinos de todas partes do mundo e antigamente considerado o fin do mundo.
Pedidos
1. Selecciona o tamaño desexado.
2. Revisa os detalles dos soportes >> VER SOPORTES
3. Selecciona o soporte que máis che guste.
4. Selecciona a cantidade.
5. Engadir ao carriño.
Transporte
Revisa os detalles de transporte e impostos. >> VER TRANSPORTE
Peso | N/D |
---|---|
Tamaños 3:1 | 30×90, 40×120, 50×150 |
Soportes | Lámina, Lenzo, Madeira, Metacrilato |