Faro de Cabo Ortegal b&n
SKU: REF/MA009
Camiño que delimita a grandeza dunha costa. Coa vista sempre de fronte ao mar, o Faro de Cabo Ortegal vixía en calma tres peñascos afiados cargados de percebe. A escuma do mar que se axita contra as rocas e a brisa mariña que aviva recordos de verán, ofrecen unha das vistas máis incribles de Galicia que nos deixan sen palabras.
Situado no Cabo Ortegal, atópase un faro solitario que comparte o seu nome. Imaxe en branco e negro que mostra ao fondo o tres impoñentes picos dos Aguillóns. Un espectáculo da natureza que convida a percorrer a estrada calma ata un dos máis fermosos faros de Galicia, cheo de cantís aos seus pés.
Pedidos
1. Selecciona o tamaño desexado.
2. Revisa os detalles dos soportes >> VER SOPORTES
3. Selecciona o soporte que máis che guste.
4. Selecciona a cantidade.
5. Engadir ao carriño.
Transporte
Revisa os detalles de transporte e impostos. >> VER TRANSPORTE
Peso | N/D |
---|---|
Tamaños 3:1 | 30×90, 40×120, 50×150 |
Soportes | Lámina, Lenzo, Madeira, Metacrilato |