Inauguración Tenda
O meu nome é Ricardo Cambón, levo anos
Facendo fotografía, e como sabedes…. o tempo
pasa rápido.
A miña paixón pola fotografía ven da necesidade
de capturar e deter o tempo, de poder eternizar
os recordos, e así poder de vez en cando votar
a vista atrás e poder compartilos.
Agora, despois de moito tempo traballando, ve a luz
o meu proxecto “ImaxesdaTerra”. Un proxecto que
vai moito máis ala dunha tenda online de fotografías
para decorar. Coa web pretendo aportar o meu
gran de area, e dar a coñecer a miña terra galega, a cal
viume nacer, e que me inspira persoalmente.
Hai algo que nos fai únicos os galegos, e a terra
na que vivimos, e ese “non sei que” o que engancha
os viaxeiros que veñen coñecela. Galicia é a súa
xente, os seus paisaxes, a súa comida, e por encima
de todo , é arte.
Anímovos a votarlle unha ollada a web (www.imaxesdaterra.com)
e espero que gocedes vendo as imaxes, e descubrindo
mellor Galicia.
un saúdo
Ricardo Cambón