Pinas Landín
https://www.imaxesdaterra.com/tienda/planeta-catedral-de-lugo/?share=custom-1611261523&nb=1
SKU: REF/NA025
Unha piña consumida polo lume. Cores de pureza, renacemento, principio e final. O Castro Landín convértese no escenario de enormes fogueiras que celebran cada 23 de Xuño. Lume purificador, cores vivas. Rituais e tradicións que non morren cos anos senón que se transforman pasando de xeración en xeración. Un facho de piña a lume vivo na celebración da noite de San Xoan.
O 23 de Xuño pola noite, ao chegar o solsticio de verán, celébrase no Castro Landín – Cuntis un ritual moi especial. 52 fachos de piñeiro son acendidas con 7 piñas. Cada unha delas simboliza as 52 semanas do ano e os 7 días da semana. Trátase dunha das máis fermosas tradicións e rituais colectivos das Festas de Galicia, que reúne a unha gran cantidade de xente para compartir nesta máxica noite.
Pedidos
1. Selecciona o tamaño desexado.
2. Revisa os detalles dos soportes ( FineArt, Lenzo o Metacrilato ) >> VER SOPORTES
3. Selecciona o soporte que máis che guste.
4. Selecciona a cantidade.
5. Engadir ao carriño.
Transporte
Revisa os detalles de transporte e impostos. >> VER TRANSPORTE
Peso | N/D |
---|---|
Tamaños 3:2 | 40×60, 50×75, 60×90, 80×120 |
Soportes | Lámina, Lenzo, Madeira, Metacrilato |