Dolmen de Axeitos Ribeira
SKU: REF/ME005
No medio dun bosque encantado repousa o Dolmen de Axeitos. Antigo segredo de Galicia, xoia moi ben conservada que nos transporta a tempos pasados. Unha estrutura en calma. Fría roca contra a palma das mans, pero que iluminada desde o interior esperta emocións. Achégase a noite e o silencio tranquilo do bosque envolve este milenario templo.
Unha das xoias mellor conservadas de Galicia é o Dolmen de Axeitos, situado na Ribeira, A Coruña. Cunha gran antigüidade, este Dolmen data da época neolítica, aproximadamente do ano 4.000 a. C. Na fotografía o interior iluminado realza a estrutura, cun resultado máxico.
Pedidos
1. Selecciona o tamaño desexado.
2. Revisa os detalles dos soportes >> VER SOPORTES
3. Selecciona o soporte que máis che guste.
4. Selecciona a cantidade.
5. Engadir ao carriño.
Transporte
Revisa os detalles de transporte e impostos. >> VER TRANSPORTE
Peso | N/D |
---|---|
Tamaños 3:1 | 30×90, 40×120, 50×150 |
Soportes | Lámina, Lenzo, Madeira, Metacrilato |